Explícoche Matemáticas 2.0

A Universidade de Santiago organiza o concurso Explícoche Matemáticas 2.0
Participantes:
Estudantes de 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato e de ciclos de Formación Profesional dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes, en grupos dun máximo de 3 estudantes, coordinados por un profesor/a.
Alumnado das Universidades públicas do Estado Español, procedentes de titulacións de Grao ou Máster, que poderán participar de maneira individual ou en grupos de, como máximo, 3 persoas.

Proxecto Explícoche Matemáticas 2.0:
Cada participante ou grupo participante preparará un vídeo de 2 minutos de duración sobre un tema relacionado coas Matemáticas. A temática e enfoque pode ser máis formal (definición dun concepto, un teorema, idea intuitiva e/ou aplicación), ou pode recoller manifestacións diversas da matemática na vida cotiá, de carácter cultural, artístico ou social.
É condición indispensable que a lingua empregada sexa o galego.
Os participantes poderán utilizar calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico para a realización da curtametraxe.
Os traballos presentados, realizados integramente polos participantes, deben ser inéditos e orixinais.

Material a presentar:
Os concursantes deberán subir a unha canle de YouTube o vídeo confeccionado e proporcionar unha ligazón válida para a visualización da curtametraxe.
Os vídeos deben ter boa calidade tanto visual como de son.
Deberán proporcionar os seguintes datos de contacto:
Categoría na que participan.
Enderezo electrónico e teléfono.
Centro ao que pertence e estudos que realiza, se é o caso.
Un informe en formato Word ou PDF cos seguintes datos:
Título do traballo.
Breve motivación.
Nome e apelidos de cada participante (profesor/a e alumnado).
Enderezos postal e correo electrónico de contacto.
Teléfono de contacto.
Deberase achegar autorización para o uso da súa imaxe de cada unha das persoas que aparezan no vídeo de cara á exposición pública do vídeo na páxina web da Facultade de Matemáticas e a través das redes sociais.

Envío:
Os proxectos realizados e documentación asociada (ligazón a YouTube, datos de contacto, informe e autorizacións) deberán remitirse ata o 22 de abril de 2017 inclusive ao correo electrónico zmatdeca@usc.es e ao enderezo:

Decana da Facultade de Matemáticas (Explícoche Matemáticas 2.0)
Campus Vida,s/n
15782 Santiago de Compostela

Premios:
O Concurso Explícoche Matemáticas 2.0, constará de 2 categorías:
Categoría A: 2º Ciclo da ESO e Bacharelato e ciclos de Formación Profesional.
Categoría B: Universidade.
Outorgarase un premio por categoría. Os premios consistirán en 300 euros.
Tamén se recoñecerá o vídeo mellor valorado polos/as internautas. Unha selección dos vídeos participantes serán engadidos á lista de reprodución “Explícoche Matemáticas 2.0 2017” na canle de YouTube “Matemáticas USC” e o vídeo que acade maior número de “Gústame” será o gañador nesta categoría, que se anunciará a través da páxina web da Facultade de Matemáticas. O premio do vídeo gañador recibirá 200 euros

http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/CNL/Explicoche_matematicas_2_0_2017/bases2017.html

Comentarios