IgualMENTE. Sexualidade e igualdade de xénero. Concurso de viñetas

Co gallo da conmemoración do 8 de marzo, Día da Muller ou Día da Muller Traballadora, a Deputación da Coruña convoca unha nova edición do Concurso de Viñetas que en 2017 leva por título “IgualMENTE. Sexualidade e igualdade de xénero”.
O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para reflexionar, concienciar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, xa que representan o cambio e o futuro, sobre a importancia de gozar de relacións afectivo-sexuais e de parella saudables e en igualdade, incidindo na necesidade social de respecto e tolerancia das diversidades sexuais e as identidades de xénero para acadar unha sociedade mais xusta e igualitaria.
Participantes
Poderán participar todas as persoas físicas, con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo.
Cada participante/s só poderá presentar unha única obra orixinal e inédita, escrita en galego e non premiada con anterioridade.
Temática
Os traballos presentados versarán sobre:
- Diferenzas entre sexo e xénero.
- Roles de xénero. Masculinidade e Feminidade.
- Estereotipos de xénero nas relacións afectivas e de noivado
- Mitos do amor romántico
- Compoñentes dunha relación sa e en igualdade. Autoestima
- Relación de parella igualitaria
- Emocións e sentimentos nas relacións
- Diversidade afectiva-sexual e de xénero.
- Orientacións sexuais: heterosexualidade, homosexualidade, bisexualidade, asexualidade, pansexualidade, demisexualidade, etc.
- Identidades de xénero; no binarias, cisxénero, transxénero, terceiro xénero, etc.
- Identidade sexual
Formato
- A viñeta poderá presentarse en formato, como mínimo DIN A5 e como máximo en DIN A4.
- A historia poderá estar composta por unha viñeta ou por un máximo de seis viñetas cun fío condutor.
- Poderá empregarse a técnica libre.
- A execución do traballo poderá ser manual ou dixital.
- A obra presentarase en soporte físico de papel.
- A obra non poderá ir asinada co nome.
- O idioma empregado será o galego.
Premio
Poderase participar en dúas categorías:
CATEGORÍA A (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos)
Primeiro premio: consistirá nun iPAD AIR e unha colección de cómics
Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics
CATEGORÍA B (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos)
Primeiro premio: consistirá nun iPAD AIR e unha colección de cómics
Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics
O prazo para presentar obras estará aberto ata o 12 de abril de 2017.
Máis información no BOP da Coruña do 13 de marzo de 2017 e en http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/03/13/2017_0000001936.pdf

Comentarios