Pixar in a Box. Formación on line gratuita

"Pixar in a Box" é unha mirada detrás das cámaras a como fan o seu traballo os artistas de Pixar. Poderás animar pelotas que rebotan, construír un enxame de robots e facer que exploten fogos artificiais virtuais. As materias que aprendes na escola (matemáticas, ciencias, ciencias da computación e humanidades) úsanse todos os días en Pixar para crear películas incribles. Esta colaboración entre Pixar Animation Studios e Khan Academy está patrocinada por Disney. "Pixar in a box" é un curso completamente gratuíto.
Os diferentes temarios que se verán ao longo do curso van desde a creación de efectos como fume ou auga, creación de patróns, dotar de expresividade aos personaxes, e modelar contornas. Todo iso a través de vídeos online e de prácticas que axudarán a entender e a poñer en práctica as nocións teóricas.
O curso realízase integramente na plataforma online de Khan Academy.
https://es.khanacademy.org/partner-content/pixar/start/introduction/a/educator-guide

Comentarios