Rutas Científicas, Artísticas e Literarias 2017

O Ministerio de Educación convoca o programa "Rutas Científicas, Artísticas e Literarias" para o ano 2017.
Aporta axudas para 64 grupos de alumnos compostos cada un por un número comprendido entre 20 e 24 alumnos, respectando unha idade máxima de 20 anos. Irán acompañados por dous profesores dos que habitualmente lles imparten clase, aconsellando entre os mesmos a participación do seu titor, coa seguinte distribución:
16 grupos para alumnos de 5ºe 6º de Educación Primaria.
16 grupos para alumnos de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.
16 grupos para alumnos de 3º e 4º de educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica.
16 grupos para alumnos de Bacharelato, Ciclos de Grao Medio de Formación Profesional e Ciclos de Grao Medio de Ensinos Artísticos
Beneficiarios:
Grupos de alumnos de centros educativos españois ordinarios sostidos con fondos públicos, en territorio nacional, que cursen algún dos seguintes niveis educativos:
- 5º e 6º de Educación Primaria
- Educación Secundaria Obrigatoria
- Formación Profesional Básica
- Bacharelato
- Ciclos de Grao Medio de Formación Profesional
- Ciclos de Grao Medio de Ensinos Artísticos
Dotación
Participación gratuita na actividade que terá unha duración de sete días, incluidos os días de viaxe.
Itinerarios das rutas:
Máis información:
http://educacion.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/centros-docentes/becas-ayudas-subvenciones/no-universitarios/rutas-artisticas-cientificas-literarias.html

Comentarios