XXVIII Premio Literario Camilo José Cela de narrativa

O Concello de Padrón convoca o XXVIII Premio Literario Camilo José Cela de narrativa
Os relatos terán unha extensión de 12 a 25 folios, mecanografiados ou escritos en formato word, a dobre espazo, con tipo de letra Arial e tamaño 12. Deberán ser orixinais, inéditos, non premiados en calquera outro tipo de concurso e estar escritos en galego ou castelán.
O prazo de entrega dos relatos estará aberto ata o 15 de xullo de 2017 e enviarase a:
Concello de Padrón
Rúa Longa n° 27
15900 Padrón.
A Coruña
Enviarase por quintuplicado, sen firma e cun lema. Achegarase ademais un sobre pechado no que figure por fóra dito lema e dentro indicarase o nome, apelidos, D.N.I, teléfono e dirección de correo electrónico e dirección de correo ordinario do autor  ou autora do traballo e unha declaración asinada polo mesmo ou a mesma de que o relato se axusta ás normas establecidas na base segunda. Só se abrirá o sobre do traballo premiado.
Premio: 1.500 €
Máis información na OMIX de Padrón, teléfono 981 811 32

Comentarios

Entradas populares