Axudas e indemnizacións para o tratamento e protección da violencia de xénero

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas para de medidas de protección integral contra a violencia de xénero e IndemnizaciónS para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero
1. Axudas de medidas de protección integral contra a violencia de xénero:
a) Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero.
b) Non convivir co agresor.
c) Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
d) Ter especiais dificultades para obter un emprego, que se acreditará a través do informe do Servizo Público de Emprego.
e) Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75 % do salario mínimo interprofesional vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias
2. Axudas de indemnización para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero:
a) Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia.
b) Ter dereito á percepción dunha indemnización, por danos e perdas derivados dunha situación de violencia de xénero, recoñecida nunha resolución xudicial firme ditada por un xulgado ou tribunal con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que exista constatación xudicial do incumprimento do deber de satisfacer a indemnización por insolvencia do obrigado ao pagamento.
d) Que a persoa beneficiaria se atope nunha situación de precariedade económica como consecuencia da falta de pagamento da indemnización xudicialmente recoñecida
e) Non convivir co agresor.
O prazo estará aberto ata o 30 de novembro de 2017
As solicitude poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co procedemento SI434B
Máis información no DOG do 24 de marzo de 2017 e en http://igualdade.xunta.gal/

Comentarios