Prestacións a mulleres que sofren violencia de xénero

A Secretaría Xeral da Igualdade, publica as bases para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero
Requisitos:
a) Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor ou, no caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia da persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación.
b) Ter cesado a convivencia co agresor, ou coa persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación, no intervalo temporal que comprende os doce (12) meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
c) Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, cando así o exixa a lexislación vixente, ter permiso de residencia.
d) Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou que estes sexan de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor ou da persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación, e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente.
O prazo estará aberto constantemente
As solicitude poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co procedemento SI434A
Máis información no DOG do 24 de marzo de 2017 e en http://igualdade.xunta.gal

Comentarios