Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, AECID, convoca o Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento «Vicente Ferrer» destinados a aqueles centros docentes que durante o curso 2016/2017 desenvolvesen accións, experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas destinados a sensibilizar, concienciar, desenvolver o espírito crítico e fomentar a participación activa do alumnado na consecución dunha cidadanía global, solidaria, comprometida coa erradicación da pobreza e as súas causas e o desenvolvemento humano e sostible.
A convocatoria está dirixida a todos os centros docentes españois sostidos con fondos públicos que impartan algunha das seguintes ensinanzas:
Educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación de persoas adultas, bacharelato e formación profesional.
Outorgaranse ata un total de 15 premios que se repartirán entre os distintos niveis educativos.
Os premios, que non levan consigo dotación económica, consistirán en:
A participación nun Seminario de Intercambio e Formación en Boas Prácticas en Educación para o Desenvolvemento que se celebrará, do 21 ao 28 de outubro de 2017 en Senegal.
Diploma acreditativo de concesión do Premio aos centros educativos gañadores e terá unha duración de 40 horas recoñecidas como créditos de formación polo Ministerio de Educación.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de xuño de 2017.
Máis información no BOE do 3 de maio de 2017 e en www.aecid.es

Comentarios

Entradas populares