VI Certame de relatos breves Feiraco

Feiraco convoca o VI Certame de relatos breves.

Poderán participar na promoción todas aquelas persoas maiores de 13 anos, con residencia en Galicia
Haberá dúas categorías de participación:
- Categoría xuvenil, para participantes de entre 13 e 18 anos.
- Categoría adultos, para participantes de 19 anos en adiante.
Participar é moi sinxelo:
1. Redacta un relato breve orixinal en galego que comence coa frase: «E alí estaba, sentado nun sillón azul» A frase pertence a unha obra de Carlos Casares, homenaxeado na edición das Letras Galegas 2017.
2. O relato terá un máximo de 500 caracteres con espazos.
3. Participa ata o 17 de maio de 2017.
4. Un xurado de Feiraco e a Secretaría Xeral de Política Lingüística será o encargado de seleccionar os 3 gañadores de cada categoría segundo os criterios incluídos nas bases legais.
Premios:
Categoría xuvenil (primeiro, segundo e terceiro premio)
- O primeiro premio, unha Enciclopedia Galega Universal e un lote de produtos Feiraco valorado en 30 euros.
- O segundo e o terceiro premios, un lote de libros de literatura galega xuvenil, cedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, valorado en 150 euros e un lote de produtos Feiraco valorado en 30 euros.
Categoría adultos (primeiro, segundo e terceiro premio)
- O primeiro premio, unha Enciclopedia Galega Universal e un lote de produtos Feiraco valorado en 30 euros.
- O segundo e o terceiro premios, un lote de libros de literatura galega, cedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, valorado en 150 euros, e un lote de produtos Feiraco valorado en 30 euros
Máis información e ficha de participación:
http://feiraco.es/actualidad/campanas/vi-certame-de-relatos-breves-feiraco/

Comentarios